FAITE SOCIA
Únete á transformación feminista, contribuíndo economicamente cunha cota e participando activamente no que facemos.
INSCRÍBETE A TRAVÉS DO SEGUINTE FORMULARIO
Como socia de Implicadas recibirás información periódica e colaborarás na sustentabilidade da asociación, Ademais, poderás beneficiarte de deducións no IRPF e terás o resto de vantaxes fiscais que estipula a lexislación (máis información en Transparencia e preguntas frecuentes). Contar cunha base asociativa sólida asegura a nosa fortaleza e capacidade de acción.
REALIZA
UNHA
DOAZÓN
Se queres facer unha contribución económica nun momento concreto, podes:
FACER UN INGRESO NA NOSA CONTA
TRIODOS: ES48 1491 0001 2921 3891 4227.
Indica a palabra «doazón» no concepto.
Indica a palabra «doazón» no concepto.
ENVIAR OS CARTOS A TRAVÉS DE PAYPAL
Non precisas rexistrarte nin ter conta, só unha tarxeta bancaria. É totalmente seguro e non pagarás comisión ningunha pola túa doazón.
Lembra que por facer unha doazón a unha entidade sen ánimo de lucro como é Implicadas tes dereito a deducións no IRPF e no Imposto de Sociedades. Máis información en Transparencia e preguntas frecuentes.
COLABORA
COMO
ACTIVISTA
Somos unha asociación participativa e horizontal, aberta a que calquera persoa poida achegarse, contribuír, aprender, escoitar e ser escoitada.
PARTICIPA EN TAREFAS ORGANIZATIVAS CONCRETAS
Neste momento en Implicadas non contamos con persoal remunerado, todo o traballo que realizamos é grazas á colaboración desinteresada dun grupo de activistas. Sempre se precisan persoas con diferentes capacidades que compartan a nosa visión crítica, galega e feminista da cooperación. Se tes interese en colaborar, escríbenos a info@implicadas.gal
AXÚDANOS A CHEGAR A MÁIS XENTE
Ademais, podes axudarnos a difundir os contidos que publicamos nas redes sociais e/ou propoñernos temas de reflexión e debate para as publicacións.