ETIOPÍA

Dende o ano 2003 Implicadas colaborou con diferentes organizacións etíopes, sobre todo na introdución da metodoloxía GAM, na que amosaron moito interese. Dende o traballo nos suburbios de Addis Abeba con OPRIFS ao excelente traballo realizado en Mersa, na rexión montañosa de North Wollo, con WSA, Implicadas apoiou diversas organizacións no seu avance cara a un traballo cun enfoque de xénero claro e partindo das prioridades das propias mulleres nos seus territorios.
A partir de 2017, Implicadas e a organización galega Menoria apoiaron o traballo de COSAP, un consorcio de apoio aos GAM de toda Etiopía. Dese traballo conxunto derivouse un fortalecemento das federacións de GAM en diversas rexións do país.
Por desgraza, a inestabilidade política, a guerra civil e a dificultade de atopar organizacións cunha filosofía coincidente obrigou a pechar o traballo en Etiopía no ano 2022.

