Skip to main content

TODAS PODEMOS IMPLICARNOS
NA TRANSFORMACIÓN FEMINISTA

“Implicadas coa natureza, Implicadas na pobreza, Implicadas polo mundo
Implicadas coa súa terra”
Deorán, Mercedes Peón

SOMOS UN ESPAZO DE ACCIÓN CRÍTICO E FEMINISTA

DENDE GALICIA

Fomentamos unha conciencia crítica que evite a nosa complicidade co patriarcado e o neocolonialismo e fomente a asunción de responsabilidades ante o empobrecemento dos países do Sur.

CO SUR GLOBAL

Apoiamos de xeito práctico o traballo de activistas feministas do Sur con recursos económicos e coa difusión do seu labor.

TRABALLAMOS POLA XUSTIZA NORTE-SUR

UN ACTO DE RESPONSABILIDADE E AUTOCRÍTICA

  • Cuestionamos as estruturas de poder. Reflexionamos sobre a representación das mulleres do Sur ou as complicidades das nosas empresas e gobernos coa explotación alén das nosas fronteiras.

  • Prestamos atención ás interseccións. Especialmente ás que provocan que algunhas mulleres estean en situacións de maior vulnerabilidade ca o resto da poboación empobrecida.

  • Garantimos que as mulleres do Sur sexan protagonistas de todos os procesos, accións e campañas.

  • En definitiva, procuramos unha transformación feminista. Para iso, a nosa principal ferramenta é a reflexión sobre os nosos privilexios.

  • Cuestionamos as estruturas de poder. Reflexionamos sobre a representación das mulleres do Sur ou as complicidades das nosas empresas e gobernos coa explotación alén das nosas fronteiras

  • Prestamos atención ás interseccións. Especialmente ás que provocan que algunhas mulleres estean en situacións de maior vulnerabilidade ca o resto da poboación empobrecida.

  • Buscamos que as mulleres do Sur sexan protagonistas de todos os procesos, accións e campañas.

  • En definitiva, procuramos unha transformación feminista. Para iso, a nosa principal ferramenta é a reflexión sobre os nosos privilexios.

UNHA VISIÓN CRÍTICA
PARA OUTRO MUNDO POSIBLE

Somos unha organización galega de cooperación feminista interseccional.
Traballamos para transformar o imaxinario e as prácticas que sustentan o empobrecemento e as violencias cara ás compañeiras do Sur.
Empregamos
metodoloxías
críticas.

AS BASES DO TRABALLO
DE

ACTITUDE COLABORATIVA

Buscamos sinerxías con outros movementos sociais: co tecido asociacionista de Galicia e coas persoas e grupos activistas do Sur.
No noso traballo non hai estruturas xerárquicas. Colaboramos para optimizar o uso dos fondos e asegurar a implicación real das persoas que integramos a asociación.

FEMINISMOS INTERSECCIONAIS

Actuamos sobre os múltiples elementos que configuran discriminacións e privilexios.
Neste sentido, en Implicadas centrámonos en crear unha conciencia crítica que nos axude a ver os vínculos entre a pobreza, á que son sometidas as mulleres en moitos lugares do mundo, e a sociedade galega.

ENFOQUE
LOCAL

Traballamos dende o local, dende a nosa lingua, cultura e sociedade.
Isto sitúanos na mellor posición posible para entender as comunidades que comparten connosco trazos de
non-hexemonía e as tensións que esta posición provoca.